martes, 27 de mayo de 2014

A IMPORTANCIA DUNHA CARICIA

Descubrir como unha caricia provoca pracer pode axudar a comprender mellor patoloxías como o autismo. 



O tacto é quizais o menos valorado dos nosos sentidos. En cambio, a vida sería impensable sen el. É o primeiro en desenvolverse e seguramente o último en deixar de funcionar nas etapas finais da vida.
Está repartido por todo o noso corpo. Entre seis e dez millóns de "sensores" táctiles recollen a información que chega do exterior e do interior do organismo.
A maioría dos receptores encóntranse na pel.
A información que recollen do exterior estes receptores é crucial para manternos a salvo, e probablemente, tamén para lograr unha correcta integración social. Por iso propúxose que a pel, máis alá de ser unha barreira protectora, é tamén un "órgano social".
Neurocientíficos da Universidade de Yale comprobaron que as persoas que teñen rasgos autistas, mostran desaxustes nos sistemas cerebrais que nos permiten disfrutar dunha caricia.

O chamado "cerebro social", tamén está implicado en procesar caricias. 
Un traballo publicado na revista "Neuron" propón que eses roces se transmiten dende a pel ata o cerebro por medio de nervios cuxa velocidade de condución é moi lenta.
Esta recente investigación está descubrindo que as persoas con trastornos do aspecto autista non procesan axeitadamente o tacto emocional.

Unha profesora de Zooloxía da Universidade Estatal de Colorado di que a falta de empatía por parte de persoas autistas ante situacións sociais pode deberse en parte á falta de "estimulación táctil confortable".




Os recén nacidos crecen a maior ritmo e menos estresados cando reciben frecuentes caricias que cando estas escasean.



Se falta a estimulación táctil afectiva, o desenvolvemento do cerebro reséntese.

martes, 20 de mayo de 2014

Os galegos tamén participan!

Entre 110 e 120 persoas doan cada ano o seu corpo á Facultade de Medicina de Santiago


COMO FUNCIONA ESTO DE DONAR O CORPO Á CIENCIA?


  • O centro entrégalles un carné de doador e, cando falecen, recólleno. 
  • Sométeno a un proceso de conservación química, que dura entre 6 e 8 meses. 
  • Despois utilízano para prácticas do seu alumnado e de profesionais de diversas especialidades sanitarias que acoden a actividades de formación permanentetico.
PERO ACEPTAN TÓDOLOS CORPOS?

Non sempre se admite a doazón, pois hai persoas que non reúnen condicións, polas condicións de deterioración que presentan.

CANTO TEMPO EMPREGAN ESTES CORPOS?

  • Cada corpo utilízase entre dous e tres anos. Consérvanse en neveiras e en fundas pechadas «con todo o respecto», afirma a profesora Castaño.
  • Cando deixan de servir para ese fin, incinéranse. Adoita facerse a fin de curso, con todos os trámites xudiciais esixidos e ter lugar na incineradora de Santiago.
  • A Facultade de Medicina dispón dunhas sepulturas no cemiterio de Boisaca onde se depositan as urnas, identificadas co nome da persoa.


UN PRATO VOANTE TERRESTRE

NASA probará o próximo mes de xuño, un vehículo para aterrar en Marte cuxa forma de disco recorda moito á dun prato voante. Denominouse desacelerador supersónico de baixa densidade (LDSD), pode alcanzar os 55 km de altura e desenvolver velocidades 3,75 veces superiores á do son.

NASA investiga en tecnoloxías innovadoras que permitan a aterraxe de humanos e mercadorías en futuras misións ao Planeta vermello.

A proba do «prato» sobre o océano simulará a entrada, o descenso e a aterraxe dunha nave espacial a través da atmosfera marciana.


LDSD da NASA, leva varias cámaras a bordo que gravarán varias partes seleccionadas da proba, incluíndo o ascenso impulsado por foguetes e o descenso.

sábado, 17 de mayo de 2014

Por que o tempo non pasa á mesma velocidade sempre?

Segundo a actividade que desenvolvamos nun momento dado, o tempo transcorre moi lentamente ou pasa voando. 
Entre as experiencias que modifican a percepción da cuarta dimensión, atópase a motivación. Cando nos sentimos estimulados e pretendemos alcanzar un obxectivo concreto e desexado o tempo transcorre a toda velocidade.
Dacordo cun estudo da Universidade de Alabama, este fenómeno débese a que nestas circunstancias se minimizan os procesos da memoria e a atención, para apartar pensamentos e emocións irrelevantes.

Steve Taylor sostén que a percepción do paso do tempo vén condicionada en boa medida pola cantidade de información que procesamos. Así, transcorre máis devagar para os nenos porque están moi atentos ao que acontece ao seu arredor.
Este efecto é aínda máis perceptible nas vítimas de accidentes, que adoitan describir esas situacións coma se sucederan a cámara lenta.
Cando unha experiencia nos asusta, entra en xogo unha área do cerebro chamada amígdala, que fai que se almacenen máis recordos que noutro tipo de acontecementos.
Dito doutro modo, en situacións críticas acumulamos unha gran cantidade de información na memoria nun lapso moi pequeno de tempo. 
Por iso, as experiencias aterradoras xeran memorias máis ricas e densas, que nos fan crer que o tempo transcorrido foi maior.


O desxeo na Antártida

A contracción dos glaciares na Antártida occidental cruzou un albor e agora é "irreversible" e "imparable", segundo afirmaron o luns 12 de maio científicos que estudaron os datos recollidos durante catro décadas pola NASA.

Ton Wagner afirmou que este estudo afirmaba que cruzamos un albor crítico e que non se sustentaba en simulacros informáticos ou modelos numéricos.

Eric Rignot afirma que pasamos do punto sen retorno e que todo esto terá consecuencias maiores para os niveis dos mares de todo o mundo. A todo esto, engadiu que todo este proceso podería triplicar o nivel dos océanos.

Dende a década dos 70, os científicos que estudaban os glaciares sinalaron como zona ameazada a rexión da Antártida sobre o mar de Admunsen.

Chega á Antártida a contaminación por pesticidas

Os datos científicos recollidos pola zorra de vento, que se atopa circunnavegando en Groenlandia, demostran a existencia de contaminantes orgánicos e pesticidas na Antártida.

Asegúrao un estudo realizado a partir de mostras recollidas durante unha expedición ao continente xeado.
Dise da Antártida que é "deserto xeado, afastado e impoluto, con barreiras naturais que en teoría o protexen", cando, realmente é moito máis vulnerable do que se imaxina.
Os resultados deste estudo poñen de manifesto como o ser humano está perturbando a biosfera. As substancias que os investigadores sinalaron como contaminantes orgánicos son bifenilos policlorados e pesticidas organoclorados.

martes, 11 de marzo de 2014

DETECTAN 4 NOVOS GASES QUE DETERIORAN A CAPA DE OZONO

-Calculan que 74.000 toneladas destes gases están na atmosfera.
-Recreación do 'burato' na capa de ozono sobre a Antártida.


 

O burato na capa de ozono non se pechou. Un equipo de investigadores británicos acaba de identificar catro novos gases, de orixe descoñecida; que contribúen á deterioración do escudo protector na atmosfera da Terra, e piden máis investigacións.

A capa de ozono ten unha labor moi importante xa que filtra os raios ultravioletas procedentes do Sol, que poden causar cancro nas persoas e problemas de reprodución nos animais.

Arredor dos anos 80, os expertos identificaran a produción CFC como destrutores da capa de ozono.

Os CFC, foron inventados nos anos 20 do século pasado e foron utilizados en aerosois e refrixeración.



OS 10 INSECTOS MÁIS RAROS DO MUNDO

Algúns parecen sacados dunha película de ciencia ficción, pero son moi reais.

1. PARENTE DOS PULGÓNS CON ASPECTO EXTRATERRESTRE


Chámase Bursinia Genei e mide ao redor dun centímetro. Ten unha maneira de camiñar moi curiosa. Ás afiadas, pico succionador e patas largas.







2.PARENTE DAS CIGARRAS MOI CURIOSO

Bocydium globulare é o nome deste curioso insecto, parente das cigarras. Durante moito tempo pensouse que era froito da fantasía de Alfred Keller. Non obstante existe e pertence a unha familia de auténticos "bichos raros" que se poden encontrar nas copas das árbores das selvas brasileiras. Non chegan a un centímetro. Para camuflarse desenvolveron incribles adaptacións, que imitan cornos, pelo... 

3.FORMIGA PANDA: O FRANKENSTEIN DOS INSECTOS

Non é unha formiga nin ten nada que ver cun oso panda, salvo no aspecto. En realidade trátase dunha avespa da familia mutilidae.  Deseguida recibiu o alcume formiga Panda polo seu aspecto. A pesar do seu simpático e pacífico aspecto, ten un potente aguillón para atrapar as súas presas. É endémica dos bosques de Chile.


4.GURGULLO XIRAFA, UN GRAN CONSTRUTOR



Mide 2,5 centímetros e é un dos escaravellos máis raros e vive exclusivamente en Madagascar. Recorda a unha grúa. Sérvese do seu longo colo para construír o niño e tamén para loitar cos seus competidores á hora de encontrar parella. 


5.A MANTIS ALIENÍXENA

Pódese atopar en España, Portugal e Francia. Quizais é menos coñecida que a barbantesa relixiosa. Poden mimetizarse co ámbito e quedan inmóbiles durante longo tempo. Lanzan atinados golpes para atrapar as súas presas. Podería recordar tamén un insecto pau.




6.INSECTOS PAU: O ARTE DA CAMUFLAXE



Os fásmidos son insectos especializados na camuflaxe. Están amplamente distribuídos e representados a través de 2.500 especies. É difícil distinguilos porque adquiren a forma das ramas ou follas das árbores onde viven. 



7.MOSCA ESCORPIÓN: AS APARIENCIAS ENGANAN

Chámase Panorpa Communis e é inofensivo. A maioría aliméntanse de pequenos insectos mortos, de néctar e da melaza que destilan os pulgóns. Pertence á orde dos mecópteros, que se caracterizan por ter pezas bucais moi longas que forman un pico inconfundible. Os machos teñen ao final do abdome un aguillón, que é un órgano reprodutor, co que rodea á femia durante a cópula. Pódense encontrar en toda Europa, en bosques húmidos de árbores                                                                      de folla caduca. 

8.A MOSCA DE OLLOS TELESCÓPICOS



Teñen os ollos sobre una pedúnculos que se atopan na cabeza.  Distribúense por zonas tropicais, e no 97 foi descrita tamén en Europa. 




9.UN TIGRE DISFRAZADO CON ENCAIXES


Tamén se coñece como tigre do plátano. Constitúe unha praga moi extendida no plátano de sombra. Esta praga apareceu por primeira vez en España no 1979 en Gerona.








10.GRILOTOUPA: O INSECTO ZAPADOR ACOIRAZADO





Tamén chamado alacrán ceboleiro. Especializado en cavar madrigueiras. Ten un impresionante escudo rodeando o pescozo que lle dá un aspecto aínda máis raro. É bastante frecuente en Europa.







sábado, 15 de febrero de 2014

MAIOR RENTABILIDADE

Conseguida por primeira vez fusión nuclear enerxeticamente rendible

Investigadores do NIF de EUA deron un paso cara á creación controlada e rendible de enerxía mediante fusión nuclear. Este proceso pode describirse como o contrario ao que empregan as actuais centrais atómicas; pois estas rompen átomos pesados, e obteñen enerxía do proceso. Pero, ao mesmo tempo, xeran emisións e residuos. O que se busca co outro proceso é facer o contrario: fusionar átomos lixeiros para conseguir outros . No proceso pérdese masa e prodúcese enerxía. 

O sistema ten todas as vantaxes. Parte de átomos sinxelos e non hai residuos radiactivos. O problema é que para achegar dous átomos o suficiente para que se fusionen hai que usar moita enerxía. Ata agora o proceso non é rendible. E tamén hai outro problema engadido: o proceso non era controlable, polo que a enerxía emitida era difícil de capturar. 
Non é o único sistema que se está ensaiando. O outro candidato consiste en fusionar os átomos facendo que choquen entre eles. Para iso confíase en usar o acelerador de partículas de ITER, que usa enerxía magnética para que os átomos collan velocidade.

UN INESPERADO ENCONTRO

Arqueólogos españoles descubren una momia de hace 3.600 años.


Un equipo de arqueólogos españois descubriu un raro ataúde de madeira que foi elaborado durante o reinado da dinastía 17 de faraóns do Antigo Exipto, hai aproximadamente uns 3.600 anos. O achado produciuse durante uns traballos de escavación no oeste de Luxor, preto da tumba de Djehuty, encargado de velar polo tesouro da raíña Hatshepsut.
Ten como decoración representacións de plumas de aves de distintas formas e tamaños pintadas na tapa. Por ese motivo foi alcumado o "Sarcófago das plumas", segundo o ministro exipcio de AntigüedadesMohamed Ibrahim. A peza conta con gravados cos títulos dos falecidos, que os arqueólogos aínda non identificaron.
O estudo da peza suxire que o monumento funerario pertence a un alto funcionario. O sarcófago encóntrase en moi bo estado. Na súa escavación, os arqueólogos atoparon  outros dous pozos vacios, cuxos ataúdes se cre que foron roubados na antigüidade.
A misión española comezou os traballos hai 13 anos, e dende entón atopáronse moitos obxectos elaborados durante diferentes dinastías do Novo Imperio. 

FIN DO MISTERIO!

NASA resolve o misterio do 'donut' achado en Marte.


A Axencia Espacial Estadounidense (NASA) resolveu o misterio sobre unha curiosa rocha achada en Marte a finais de xaneiro, que parecía saír da nada e alcumada popularmente como 'donut de marmelada' pola súa peculiar aparencia, similar á deste doce.

NASA puxo fin ao misterio ao explicar que o enigmático 'donut de marmelada' non era máis que un anaco desprendido dunha rocha maior que desprazara coas súas rodas o propio robot, un enxeño espacial que inspecciona a superficie de Marte en busca de novos descubrimentos sobre este planeta dende o 6 de agosto de 2012.

A curiosa rocha foi alcumada 'Pinnacle Island'.

martes, 28 de enero de 2014

STEPHEN HAWKING PON EN DÚBIDA A EXISTENCIA DE BURATOS NEGROS

A última conclusión deste científico, asegura que "non existen os buracos negros".
Na investigación, pon en duda as teorías sobre a noción do chamado horizonte de sucesos, a fronteira invisible a partir da cal nada pode escapar dun buraco negro, nin sequera a luz.
A proposta de Hawking é que non existe o horizonte de sucesos, senón un horizonte "aparente" que mantén temporalmente prisioneiras a materia e a enerxía antes de liberalas de novo, aínda que dunha forma caótica.


A "PEGADA" DOS PESTICIDAS NO ALZHEIMER

AÍNDA QUEDA MOITO POR AVERIGUAR SOBRE O ALZHEIMER E OUTRAS DISTINTAS ENFERMIDADES NEURODEXENERATIVAS. OS CENTOS DE GRUPOS QUE ESTÁN INVESTIGANDO ISTO, CADA DÍA VERTEN MÁIS LUZ SOBRE AS SÚAS POSIBLES CAUSAS.

UN DESOS TRABALLOS SOSTÉN QUE O IMPORTANTE QUE É O AMBIENTE NESTE TRASTORNO; ESTA INVESTIGACIÓN RELACIONA QUE TER ESTADO EXPOSTO A PESTICIDAS COMO O DDT, AUMENTA O RISCO DE PADECER ESTE TRASTORNO.

O DDT FOI EMPREGADO TANTO COMO PESTICIDA AGRÍCOLA E FORESTAL DENDE 1939. DÉCADAS MÁIS TARDE, DIFERENTES ESTUDOS DEMOSTRARON OS SEUS EFECTOS NOCIVOS E FOI PROHIBÍNDOSE PAULATINAMENTE EN DIFERENTES PAÍSES.

QUIZAIS POR ESTE USO PROLONGADO, VARIOS ESTUDOS CONSTATARON A PRESENZA DE SUBSTANCIAS DERIVADAS DO DDT (DDE) NUN GRAN NÚMERO DE PERSOAS.

O ESTUDO CONSTATOU QUE 74 DAS PERSOAS CON ALZHEIMER TIÑAN NO SEU SANGUE CATRO VECES MÁIS CANTIDADE DE DDE QUE 79 VOLUNTARIOS SEN A ENFERMIDADE.ADEMAIS, AQUELES SUXEITOS CUNHA MUTACIÓN XENÉTICA QUE OS PREDISPÓN A TER A ENFERMIDADE E CON ALTOS NIVEIS DO PRAGUICIDA NO SANGUE,TERÍAN DESENROLADO UN DETERIORO COGNITIVO MÁIS SEVERO QUE OS PACIENTES SEN ESTE XEN.