Dacordo cun estudo da Universidade de Alabama, este fenómeno débese a que nestas circunstancias se minimizan os procesos da memoria e a atención, para apartar pensamentos e emocións irrelevantes.
Steve Taylor sostén que a percepción do paso do tempo vén condicionada en boa medida pola cantidade de información que procesamos. Así, transcorre máis devagar para os nenos porque están moi atentos ao que acontece ao seu arredor.
Este efecto é aínda máis perceptible nas vítimas de accidentes, que adoitan describir esas situacións coma se sucederan a cámara lenta.
Dito doutro modo, en situacións críticas acumulamos unha gran cantidade de información na memoria nun lapso moi pequeno de tempo.
Por iso, as experiencias aterradoras xeran memorias máis ricas e densas, que nos fan crer que o tempo transcorrido foi maior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario