Está repartido por todo o noso corpo. Entre seis e dez millóns de "sensores" táctiles recollen a información que chega do exterior e do interior do organismo.A maioría dos receptores encóntranse na pel.
A información que recollen do exterior estes receptores é crucial para manternos a salvo, e probablemente, tamén para lograr unha correcta integración social. Por iso propúxose que a pel, máis alá de ser unha barreira protectora, é tamén un "órgano social".
Neurocientíficos da Universidade de Yale comprobaron que as persoas que teñen rasgos autistas, mostran desaxustes nos sistemas cerebrais que nos permiten disfrutar dunha caricia.
O chamado "cerebro social", tamén está implicado en procesar caricias.
Un traballo publicado na revista "Neuron" propón que eses roces se transmiten dende a pel ata o cerebro por medio de nervios cuxa velocidade de condución é moi lenta.
Esta recente investigación está descubrindo que as persoas con trastornos do aspecto autista non procesan axeitadamente o tacto emocional.
Unha profesora de Zooloxía da Universidade Estatal de Colorado di que a falta de empatía por parte de persoas autistas ante situacións sociais pode deberse en parte á falta de "estimulación táctil confortable".

Os recén nacidos crecen a maior ritmo e menos estresados cando reciben frecuentes caricias que cando estas escasean.
Se falta a estimulación táctil afectiva, o desenvolvemento do cerebro reséntese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario