Conseguida por primeira vez fusión nuclear enerxeticamente rendible
Investigadores do NIF de EUA deron un paso cara á creación controlada e rendible de enerxía mediante fusión nuclear. Este proceso pode describirse como o contrario ao que empregan as actuais centrais atómicas; pois estas rompen átomos pesados, e obteñen enerxía do proceso. Pero, ao mesmo tempo, xeran emisións e residuos. O que se busca co outro proceso é facer o contrario: fusionar átomos lixeiros para conseguir outros . No proceso pérdese masa e prodúcese enerxía.
O sistema ten todas as vantaxes. Parte de átomos sinxelos e non hai residuos radiactivos. O problema é que para achegar dous átomos o suficiente para que se fusionen hai que usar moita enerxía. Ata agora o proceso non é rendible. E tamén hai outro problema engadido: o proceso non era controlable, polo que a enerxía emitida era difícil de capturar.
Non é o único sistema que se está ensaiando. O outro candidato consiste en fusionar os átomos facendo que choquen entre eles. Para iso confíase en usar o acelerador de partículas de ITER, que usa enerxía magnética para que os átomos collan velocidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario