A NASA resolve o misterio do 'donut' achado en Marte.
A Axencia Espacial Estadounidense (NASA) resolveu o misterio sobre unha curiosa rocha achada en Marte a finais de xaneiro, que parecía saír da nada e alcumada popularmente como 'donut de marmelada' pola súa peculiar aparencia, similar á deste doce.
A NASA puxo fin ao misterio ao explicar que o enigmático 'donut de marmelada' non era máis que un anaco desprendido dunha rocha maior que desprazara coas súas rodas o propio robot, un enxeño espacial que inspecciona a superficie de Marte en busca de novos descubrimentos sobre este planeta dende o 6 de agosto de 2012.
A curiosa rocha foi alcumada 'Pinnacle Island'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario