martes, 27 de mayo de 2014

A IMPORTANCIA DUNHA CARICIA

Descubrir como unha caricia provoca pracer pode axudar a comprender mellor patoloxías como o autismo. 



O tacto é quizais o menos valorado dos nosos sentidos. En cambio, a vida sería impensable sen el. É o primeiro en desenvolverse e seguramente o último en deixar de funcionar nas etapas finais da vida.
Está repartido por todo o noso corpo. Entre seis e dez millóns de "sensores" táctiles recollen a información que chega do exterior e do interior do organismo.
A maioría dos receptores encóntranse na pel.
A información que recollen do exterior estes receptores é crucial para manternos a salvo, e probablemente, tamén para lograr unha correcta integración social. Por iso propúxose que a pel, máis alá de ser unha barreira protectora, é tamén un "órgano social".
Neurocientíficos da Universidade de Yale comprobaron que as persoas que teñen rasgos autistas, mostran desaxustes nos sistemas cerebrais que nos permiten disfrutar dunha caricia.

O chamado "cerebro social", tamén está implicado en procesar caricias. 
Un traballo publicado na revista "Neuron" propón que eses roces se transmiten dende a pel ata o cerebro por medio de nervios cuxa velocidade de condución é moi lenta.
Esta recente investigación está descubrindo que as persoas con trastornos do aspecto autista non procesan axeitadamente o tacto emocional.

Unha profesora de Zooloxía da Universidade Estatal de Colorado di que a falta de empatía por parte de persoas autistas ante situacións sociais pode deberse en parte á falta de "estimulación táctil confortable".




Os recén nacidos crecen a maior ritmo e menos estresados cando reciben frecuentes caricias que cando estas escasean.



Se falta a estimulación táctil afectiva, o desenvolvemento do cerebro reséntese.

martes, 20 de mayo de 2014

Os galegos tamén participan!

Entre 110 e 120 persoas doan cada ano o seu corpo á Facultade de Medicina de Santiago


COMO FUNCIONA ESTO DE DONAR O CORPO Á CIENCIA?


  • O centro entrégalles un carné de doador e, cando falecen, recólleno. 
  • Sométeno a un proceso de conservación química, que dura entre 6 e 8 meses. 
  • Despois utilízano para prácticas do seu alumnado e de profesionais de diversas especialidades sanitarias que acoden a actividades de formación permanentetico.
PERO ACEPTAN TÓDOLOS CORPOS?

Non sempre se admite a doazón, pois hai persoas que non reúnen condicións, polas condicións de deterioración que presentan.

CANTO TEMPO EMPREGAN ESTES CORPOS?

  • Cada corpo utilízase entre dous e tres anos. Consérvanse en neveiras e en fundas pechadas «con todo o respecto», afirma a profesora Castaño.
  • Cando deixan de servir para ese fin, incinéranse. Adoita facerse a fin de curso, con todos os trámites xudiciais esixidos e ter lugar na incineradora de Santiago.
  • A Facultade de Medicina dispón dunhas sepulturas no cemiterio de Boisaca onde se depositan as urnas, identificadas co nome da persoa.


UN PRATO VOANTE TERRESTRE

NASA probará o próximo mes de xuño, un vehículo para aterrar en Marte cuxa forma de disco recorda moito á dun prato voante. Denominouse desacelerador supersónico de baixa densidade (LDSD), pode alcanzar os 55 km de altura e desenvolver velocidades 3,75 veces superiores á do son.

NASA investiga en tecnoloxías innovadoras que permitan a aterraxe de humanos e mercadorías en futuras misións ao Planeta vermello.

A proba do «prato» sobre o océano simulará a entrada, o descenso e a aterraxe dunha nave espacial a través da atmosfera marciana.


LDSD da NASA, leva varias cámaras a bordo que gravarán varias partes seleccionadas da proba, incluíndo o ascenso impulsado por foguetes e o descenso.

sábado, 17 de mayo de 2014

Por que o tempo non pasa á mesma velocidade sempre?

Segundo a actividade que desenvolvamos nun momento dado, o tempo transcorre moi lentamente ou pasa voando. 
Entre as experiencias que modifican a percepción da cuarta dimensión, atópase a motivación. Cando nos sentimos estimulados e pretendemos alcanzar un obxectivo concreto e desexado o tempo transcorre a toda velocidade.
Dacordo cun estudo da Universidade de Alabama, este fenómeno débese a que nestas circunstancias se minimizan os procesos da memoria e a atención, para apartar pensamentos e emocións irrelevantes.

Steve Taylor sostén que a percepción do paso do tempo vén condicionada en boa medida pola cantidade de información que procesamos. Así, transcorre máis devagar para os nenos porque están moi atentos ao que acontece ao seu arredor.
Este efecto é aínda máis perceptible nas vítimas de accidentes, que adoitan describir esas situacións coma se sucederan a cámara lenta.
Cando unha experiencia nos asusta, entra en xogo unha área do cerebro chamada amígdala, que fai que se almacenen máis recordos que noutro tipo de acontecementos.
Dito doutro modo, en situacións críticas acumulamos unha gran cantidade de información na memoria nun lapso moi pequeno de tempo. 
Por iso, as experiencias aterradoras xeran memorias máis ricas e densas, que nos fan crer que o tempo transcorrido foi maior.


O desxeo na Antártida

A contracción dos glaciares na Antártida occidental cruzou un albor e agora é "irreversible" e "imparable", segundo afirmaron o luns 12 de maio científicos que estudaron os datos recollidos durante catro décadas pola NASA.

Ton Wagner afirmou que este estudo afirmaba que cruzamos un albor crítico e que non se sustentaba en simulacros informáticos ou modelos numéricos.

Eric Rignot afirma que pasamos do punto sen retorno e que todo esto terá consecuencias maiores para os niveis dos mares de todo o mundo. A todo esto, engadiu que todo este proceso podería triplicar o nivel dos océanos.

Dende a década dos 70, os científicos que estudaban os glaciares sinalaron como zona ameazada a rexión da Antártida sobre o mar de Admunsen.

Chega á Antártida a contaminación por pesticidas

Os datos científicos recollidos pola zorra de vento, que se atopa circunnavegando en Groenlandia, demostran a existencia de contaminantes orgánicos e pesticidas na Antártida.

Asegúrao un estudo realizado a partir de mostras recollidas durante unha expedición ao continente xeado.
Dise da Antártida que é "deserto xeado, afastado e impoluto, con barreiras naturais que en teoría o protexen", cando, realmente é moito máis vulnerable do que se imaxina.
Os resultados deste estudo poñen de manifesto como o ser humano está perturbando a biosfera. As substancias que os investigadores sinalaron como contaminantes orgánicos son bifenilos policlorados e pesticidas organoclorados.

martes, 11 de marzo de 2014

DETECTAN 4 NOVOS GASES QUE DETERIORAN A CAPA DE OZONO

-Calculan que 74.000 toneladas destes gases están na atmosfera.
-Recreación do 'burato' na capa de ozono sobre a Antártida.


 

O burato na capa de ozono non se pechou. Un equipo de investigadores británicos acaba de identificar catro novos gases, de orixe descoñecida; que contribúen á deterioración do escudo protector na atmosfera da Terra, e piden máis investigacións.

A capa de ozono ten unha labor moi importante xa que filtra os raios ultravioletas procedentes do Sol, que poden causar cancro nas persoas e problemas de reprodución nos animais.

Arredor dos anos 80, os expertos identificaran a produción CFC como destrutores da capa de ozono.

Os CFC, foron inventados nos anos 20 do século pasado e foron utilizados en aerosois e refrixeración.