Matemático grego.
Estudou en Alexandría. En "Método", expuxo a súa xenial aplicación da mecánica á xeometría, "pesando" áreas e volumes descoñecidos para determinar o valor. A anécdota máis divulgade del, refírese ao método que empregou para comprobar se habia fraude na cofección dunha coroa de ouro. Estando nunha sala de baños, veu que a medida que se introducía na auga, esta desbordábase. Con esta observación, contan que foi espido pola rua berrando "Eureka!", e inspirouno para resolver a cuestión da coroa.
Arquímedes asegurou ao tirano de Siracusa que, se lle daba un punto de apoio, movería a Terra. Tamén contan que, desacantando ordes expresas do xeneral Marcelo, un soldado matou a Arquímedes por resistirse a abandoar a resolución dun problema matemático. Nos "Equilibrios planos" fundamentou a lei da panca e determinou o centro de gravidade de paralelogramos, triángulos...


No hay comentarios:
Publicar un comentario