martes, 19 de noviembre de 2013

Se as nais son promiscuas, os fillos serán máis sexys

UN NOVO ESTUDO CON RATOS DEMOSTRA QUE O AMBIENTE NO QUE VIVEN INFÚE NA XENÉTICA DOS SEUS DESCENDENTES.


A herencia materna é moi  poderosa. Lo que faga a nai coa súa vida pode afectar á seguinte xeración. Se a nai viveu nun entorno promiscuo os seus fillos serán máis atractivos sexualmente. Pero pagarán o seu éxito amoroso cunha vida máis curta. Realizouse un estudo con ratos, que descubriu estos datos, polos biólogos da Universidade de Utah (E.E.U.U). O motivo é que os machos producen máis feromonas, un aroma irresistible para as femias,  pero al hacerlo gastan moita enerxía, e iso acorta o seu tempo de vida. A investigación pon de manifesto a importancia da epixenética, cómo o ambiente no que viven os pais pode influir nos xenes dos seus fillos. 
Os ratos machos cuxas nais competiron libremente polas súas parexas nun ambiente promiscuo producen un 31% máis das principais o feromonas para a atracción sexual que os fillos  de nais monógamas.

domingo, 3 de noviembre de 2013

Organismos capaces de resistir viaxes interplanetarias



Estes diminutos seres sobreviven a condicións impensables para os terrícolas. Viven en augas hipersalinas, desertos, cráteres de volcáns... Só poden verse no microscopio.
Trátase dunha bacteria chamada Deinococcus radioduran, que resiste altas dosis de radiacións e mostrouse capaz, en simulacións realizadas en aceleradores de partículas, de resistir viaxes polo espazo montada en fragmentos de polvo. Sin a protección dunha nave espacial, o espazo interplanetario non é un bo lugar para os seres vivos: altas dosis de radiación, sumadas a bombardeos de partículas aceleradas por explosions solares, tornan imposible a existencia de cualquear forma de vida.
Outro estudo recente revela que a Deinococcus atravesaría sen grandes danos as partículas emitidas polo vento solar, entre as cales os protons son as máis nocivas. A sua resistencia permitiría que esas bacterias, montadas no polvo diseminado polo Universo, viaxasen polo espazo durante millons de anos. Outro estudo recente, revelou que esa bacteria no sería o único ser vivo que podería sobrevivir nas inhóspitas condicións características das rexións cercanas a estrelas e planetas.
Outras duas especies de microorganismos, Natrialba magadii y Halorefax volcanii, tamén resisten a altas dosis de radiación ultravioleta, ainda que  de menor intensidade que a soportada pola campeona das bacterias.